Deprecated: Methods with the same name as their class will not be constructors in a future version of PHP; BaseMenu has a deprecated constructor in /var/www/capacity/includes/classes/class_menu.inc on line 15

Deprecated: Methods with the same name as their class will not be constructors in a future version of PHP; MenuSection has a deprecated constructor in /var/www/capacity/includes/classes/class_menu.inc on line 112

Deprecated: Methods with the same name as their class will not be constructors in a future version of PHP; Menu has a deprecated constructor in /var/www/capacity/includes/classes/class_menu.inc on line 218

Warning: file_get_contents(/var/www/kde.carlschwan.eu/applications/index.json): failed to open stream: No such file or directory in /var/www/kde.carlschwan.eu/menu.inc on line 28

Warning: array_keys() expects parameter 1 to be array, null given in /var/www/kde.carlschwan.eu/menu.inc on line 29

Warning: sort() expects parameter 1 to be array, null given in /var/www/kde.carlschwan.eu/menu.inc on line 30

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/kde.carlschwan.eu/menu.inc on line 32
KDE - KDE publica a versión 18.08.0 das aplicacións de KDE
KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

KDE publica a versión 18.08.0 das aplicacións de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Galician | Italiano | Nederlands | Português | Русский | Svenska | Українська

16 de agosto de 2018. Publicouse a versión 18.08.0 das aplicacións de KDE.

Traballamos continuamente en mellorar o software que se inclúe nas aplicacións de KDE, e esperamos que as novas melloras e correccións de fallos lle resulten de utilidade!

Novidades da versión 18.08 das aplicacións de KDE

Sistema

Fixéronse varias melloras de calidade de vida en Dolphin, o potente xestor de ficheiros de KDE:

  • O diálogo de configuración modernizouse para axeitarse mellor ás nosas directrices de deseño e ser máis intuitivo.
  • Elimináronse varias fugas de memoria que podían facer que o computador funcionase con maior lentitude.
  • Ao ver o lixo xa non están dispoñíbeis os elementos de menú de «Crear novo».
  • Agora a aplicación adáptase mellor as pantallas de alta resolución.
  • Agora o menú de contexto inclúe máis opcións útiles, permitíndolle ordenar e cambiar a vista de maneira máis directa.
  • Agora ordenar por hora de modificación é 12 veces máis rápido.
  • Ademais agora pode iniciar Dolphin de novo cando estea identificado usando a conta de usuario de root. Aínda estamos traballando na posibilidade de modificar ficheiros que pertenzan a root ao executar Dolphin como un usuario normal.

Hai dispoñíbeis varias melloras en Konsole, a aplicacións de emulación de terminal de KDE:

  • Agora o trebello de «Atopar» aparecerá na parte superior da xanela sen romper o fluxo de traballo.
  • Engadiuse compatibilidade con máis secuencias de escape (DECSCUSR e o modo de desprazamento alternativo de XTerm).
  • Agora tamén pode asignar calquera carácter como tecla para un atallo.

Gráficos

18.08 é unha versión principal de Gwenview, o visor e organizador de imaxes de KDE. Durante os últimos meses, os colaboradores traballaron nunha morea de melloras. Cómpre salientar:

  • Agora a barra de estado de Gwenview ten un contados de imaxes e mostra o número total de imaxes.
  • Agora pódese ordenar por puntuación e en orde descendente. Agora ordenar por data separa os directorios e os arquivos e corrixiuse nalgunhas situacións.
  • Mellorouse a funcionalidade de arrastrar e soltar para permitir arrastrar ficheiros e cartafoles ao modo de vista para mostralos, así como arrastrar elementos vistos a aplicacións externas.
  • Pegar imaxes copiadas de Gwenview agora tamén funciona con aplicacións que só aceptan datos de imaxe en bruto, pero sen ruta de ficheiro. Agora tamén se permite copiar imaxes modificadas.
  • Cambiouse completamente o diálogo de cambio de tamaño de imaxes para que sexa máis fácil de usar e para engadir unha opción para cambiar as imaxes de tamaño segundo unha porcentaxe.
  • Corrixíronse o control desprazábel de tamaño e o cursor de mira da ferramenta de redución de ollos vermellos.
  • Agora a selección de fondo transparente ten unha opción «Ningunha» e pode configurarse tamén con SVG.
A ampliación de imaxes é agora máis cómoda:
  • Permitir ampliar mediante desprazamento ou premendo, así como afastando os dedos, tamén cando as ferramentas de recorte e de redución de ollos vermellos están activadas.
  • O clic central volve conmutar entre ampliación para axustar e ampliación ao 100%.
  • Engadíronse os atallos de teclado Maiús+clic central e Maiús+F para conmutar a ampliación de «Encher».
  • Agora Ctrl+clic amplía máis rapidamente e de maneira máis fiábel.
  • Agora Gwenview achega á posición actual do rato para as operacións de achegar e afastar, encher e ampliar ao 100% ao usar os atallos de rato e teclado.
Fixéronse varias melloras no modo de comparación de imaxes:
  • Corrixíronse o tamaño e o aliñamento do salientado de selección.
  • Corrixiuse a sobreposición de SVG do salientado de selección.
  • Para imaxes SVG pequenas, o salientado da selección coincide co tamaño da imaxe.
Introducíronse varias pequenas melloras para mellorar aínda máis o fluxo de traballo:
  • Melloráronse as transicións de esvaecemento entre imaxes de distintos tamaños e transparencias.
  • Corrixiuse a visibilidade de iconas nalgúns botóns flotantes cando se unha un esquema de cores claro.
  • Ao gardar unha imaxe con outro nome, o visor non salta a unha imaxe non relacionada despois.
  • Ao premer o botón de compartir sen estar instalados os complementos KIPI, Gwenview suxerirá ao usuario instalalos. Tras a instalación móstranse inmediatamente.
  • Agora a barra lateral evita agocharse accidentalmente ao cambiar de tamaño, e lembra a súa anchura.

Oficina

KMail, o potente cliente de correo electrónico de KDE, inclúe algunhas melloras no motor de extracción de datos de viaxe. Agora é compatíbel cos códigos de barras de billetes de tren UIC 918.3 e SNCF e permite localizar estacións de tren con datos de Wikidata. Engadiuse compatibilidade con itinerarios de varios viaxantes e agora KMail ten integración coa aplicación KDE Itinerary de KDE.

Akonadi, a infraestrutura de xestión de información persoal, é agora máis rápida grazas a corpos de notificacións e inclúe compatibilidade con XOAUTH para SMTP, permitindo autenticarse de maneira nativa con Gmail.

Educación

Cantor, a interface de KDE para software matemático, garda agora o estado dos paneis («Variábeis», «Axuda», etc.) para cada sesión por separado. As sesións de Julia créanse agora moito máis rápido.

Mellorouse de maneira significativa a experiencia de usuario para dispositivos táctiles en KAlgebra, a nosa calculadora gráfica.

Utilidades

Os colaboradores de Spectacle, a versátil ferramenta de capturas de pantalla de KDE, centráronse en mellorar o modo de rexión rectangular:

  • Agora, no modo de rexión rectangular, hai unha lupa para axudar a debuxar un rectángulo de selección axustado a nivel de píxel.
  • Agora pode mover e cambiar de tamaño o rectángulo de selección usando o teclado.
  • A interface de usuario sigue o esquema de cores do usuario e mellorouse o texto de axuda da presentación.

Para facilitar compartir, agora cópianse automaticamente no portapapeis ligazóns a imaxes compartidas. Agora as capturas de pantalla poden gardarse automaticamente en subdirectorios indicados polos usuarios.

Kamoso, o noso gravador de cámara web, actualizouse para evitar quebras coas novas versións de GStreamer.

Destrución de fallos

Solucionáronse máis de 120 fallos en aplicacións como, entre outros, a colección de Kontact, Ark, Cantor, Dolphin, Gwenview, Kate, Konsole, Okular, Spectacle e Umbrello!

Historial completo de cambios

Se quere saber máis sobre os cambios desta versión, consulte a lista completa de cambios. Aínda que a súa anchura pode intimidar, a lista de cambios pode ser unha forma excelente de aprender sobre as partes internas de KDE e descubrir aplicacións e funcionalidades que descoñecía.

Correr a voz

Os colaboradores non técnicos xogan un papel importante no éxito de KDE. Mentres que as compañías de software privativo contan con enormes presupostos de mercadotecnia para novas versións do seu software, KDE adoita depender de que se corra a voz.

Hai moitos xeitos de apoiar a versión 18.08 das aplicacións de KDE: pode informar de fallos, animar a outros a unirse á comunidade KDE, ou apoiar a organización sen ánimo de lucro que hai tras a comunidade KDE.

Axúdenos a correr a voz na rede social. Pode enviar historias a sitios de novas como Reddit, Facebook e Twitter; enviar capturas de pantalla da súa nova configuración de servizos como Snapchat, Instagram e Google+; iy crear vídeos de pantalla e envialos a YouTube, Blip.tv e Vimeo, ou emitilos en directo por Twitch!

Lembre etiquetar as súas publicacións e enviar os materiais coa palabra KDE, xa que fai máis doado atopalas e permite ao equipo de promoción de KDE analizar a cobertura da versión 18.08 das aplicacións de KDE.

Instalar os paquetes binarios da versión 18.08 das aplicacións de KDE

Paquetes. Algúns fabricantes de sistemas operativos Linux e UNIX teñen a xenerosidade de fornecer paquetes binarios da versión 18.08 das aplicacións de KDE para algunhas versións das súas distribucións, e noutros casos o traballo fixérono voluntarios das súas comunidades. Nas próximas semanas poderían publicarse paquetes binarios adicionais e actualizacións dos paquetes xa dispoñíbeis.

Lugares dos paquetes. Para unha lista actual de paquetes binarios dispoñíbeis dos que o proxecto KDE ten coñecemento, visite o wiki da comunidade.

Compilar a versión 18.08 das aplicacións de KDE

O código fonte completo da versión 18.08 das aplicacións de KDE pode descargarse libremente. Na páxina de información da versión 18.08.0 das aplicacións de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de apoio a KDE para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como Internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais