Deprecated: Methods with the same name as their class will not be constructors in a future version of PHP; BaseMenu has a deprecated constructor in /var/www/capacity/includes/classes/class_menu.inc on line 15

Deprecated: Methods with the same name as their class will not be constructors in a future version of PHP; MenuSection has a deprecated constructor in /var/www/capacity/includes/classes/class_menu.inc on line 112

Deprecated: Methods with the same name as their class will not be constructors in a future version of PHP; Menu has a deprecated constructor in /var/www/capacity/includes/classes/class_menu.inc on line 218

Warning: file_get_contents(/var/www/kde.carlschwan.eu/applications/index.json): failed to open stream: No such file or directory in /var/www/kde.carlschwan.eu/menu.inc on line 28

Warning: array_keys() expects parameter 1 to be array, null given in /var/www/kde.carlschwan.eu/menu.inc on line 29

Warning: sort() expects parameter 1 to be array, null given in /var/www/kde.carlschwan.eu/menu.inc on line 30

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/kde.carlschwan.eu/menu.inc on line 32
KDE - Publicación da versión 5.11.0 das infraestruturas de KDE
KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.11.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Español | Galician | 한국어 | Nederlands | Polski | Português | Português brasileiro | Svenska | Українська

12 de xuño de 2015. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.11.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 60 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Módulos adicionais de CMake

  • Novos argumentos para ecm_add_tests(). (fallo 345797)

Integración de infraestruturas

  • Usar o initialDirectory correcto para o KDirSelectDialog
  • Asegurarse de que se indica o esquema ao sobrepor o valor de URL inicial
  • Só aceptar directorios existentes no modo FileMode::Directory

KActivities

(no changelog provided)

KAuth

  • Poñer KAUTH_HELPER_INSTALL_ABSOLUTE_DIR a disposición de todos os usuarios de KAuth

KCodecs

  • KEmailAddress: engadir unha sobreposición para extractEmailAddress e firstEmailAddress que devolve unha mensaxe de erro.

KCompletion

  • Corrixir unha selección non desexada ao editar o nome de ficheiro no diálogo de ficheiro (fallo 344525)

KConfig

  • Evitar unha quebra se QWindow::screen() é nulo
  • Engadir KConfigGui::setSessionConfig() (fallo 346768)

KCoreAddons

  • Nova API de comodidade KPluginLoader::findPluginById()

KDeclarative

  • permitir a creación de ConfigModule desde KPluginMetdata
  • corrixir os eventos pressAndhold

Compatibilidade coa versión 4 de KDELibs

  • Usar QTemporaryFile en vez de usar un ficheiro temporal fixo.

KDocTools

  • Actualizar as traducións
  • Personalización de traducións/ru
  • Corrixiras entradas con ligazóns incorrectas

KEmoticons

  • Gardar en caché o tema no complemento de integración

KGlobalAccel

  • [tempo de execución] Mover código específico de plataformas a complementos

KIconThemes

  • Optimizar KIconEngine::availableSizes()

KIO

  • Non intentar completar usuarios e aseverar cando engadir ao principio non estea baleiro (fallo 346920)
  • Usar KPluginLoader::factory() ao cargar KIO::DndPopupMenuPlugin
  • Corrixir o bloqueo indefinido ao usar proxys de rede (fallo 346214)
  • Corrixiuse KIO::suggestName para que conserve as extensións de ficheiro
  • Lanzar kbuildsycoca4 ao actualizar sycoca5.
  • KFileWidget: Non aceptar ficheiros no modo de só directorios
  • KIO::AccessManager: permitir tratar un QIODevice secuencial como asíncrono

KNewStuff

  • Engadir o novo método fillMenuFromGroupingNames
  • KMoreTools: engadir moitas agrupacións novas
  • KMoreToolsMenuFactory: xestión de «git-clients-and-actions»
  • createMenuFromGroupingNames: facer o parámetro «url» opcional

KNotification

  • Corrixir a quebra en NotifyByExecute cando non se estabeleceu ningún trebello (fallo 348510)
  • Mellorar a xestión de notificacións que se pechan (fallo 342752)
  • Substituír o uso de QDesktopWidget por QScreen
  • Asegurarse de que KNotification pode usarse desde un fío que non é de interface gráfica de usuario

Infraestrutura de paquetes

  • Gardar o acceso de qpointer da estrutura (fallo 347231)

KPeople

  • Usar QTemporaryFile en vez de usar o valor fixo /tmp.

KPty

  • Usar tcgetattr e tcsetattr se están dispoñíbeis

Kross

  • Corrixir a carga dos módulos de Kross «forms» e «kdetranslation»

KService

  • Ao executar como root preservar os permisos de ficheiro dos ficheiros existentes da caché (fallo 342438)
  • Protexer contra non poder abrir un fluxo (fallo 342438)
  • Corrixir a comprobación de permisos incorrectos ao escribir un ficheiro (fallo 342438)
  • Corrixir a consulta de ksycoca dos tipos pseudo-MIME x-scheme-handler/*. (fallo 347353)

KTextEditor

  • Permitir, nos tempos de KDE 4.x, que as aplicacións e complementos de terceiros poidan instalar os seus propios ficheiros XML de realce en katepart5/syntax
  • Engadir KTextEditor::Document::searchText()
  • Recuperar o uso de KEncodingFileDialog (fallo 343255)

KTextWidgets

  • Engadir un método para baleirar o decorador
  • Permitir usar un decorador personalizado de Sonnet
  • Permitir «Atopar o anterior» en KTextEdit.
  • Engadir de novo compatibilidade con texto-para-fala

KWidgetsAddons

  • KAssistantDialog: Engadir de novo o botón de axuda que estaba presente na versión 4 de KDELibs

KXMLGUI

  • Engadir xestión de sesións para KMainWindow (fallo 346768)

NetworkManagerQt

  • Retirar a compatibilidade con WiMAX para NM ≥1.2.0

Infraestrutura de Plasma

  • Agora os compoñentes de calendario poden mostrar os números de semana (fallo 338195)
  • Usar QtRendering para as fontes nos campos de contrasinal
  • Corrixir a busca de AssociatedApplicationManager cando un tipo MIME ten (fallo 340326)
  • Corrixir a coloración do fondo do panel (fallo 347143)
  • Retirar a mensaxe de «Non se puido cargar o miniaplicativo»
  • Posibilidade de cargar kcm de QML nas xanelas de configuración de plasmoides
  • Non usar DataEngineStructure para Applets
  • Retirar o uso de sycoca en libplasma dentro do posíbel
  • [plasmacomponents] Facer que SectionScroller obedeza a ListView.section.criteria
  • As barras de desprazamento xa non se agochan automaticamente cando hai unha pantalla táctil presente (fallo 347254)

Sonnet

  • Usar unha caché central para os SpellerPlugins.
  • Reducir as asignacións temporais.
  • Optimizar: Non borrar a caché de dicionario ao copiar obxectos de corrector ortográfico.
  • Optimizar evitando chamadas innecesarias a save() chamando só unha vez ao final cando sexa necesario.

Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.11.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.11.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.11.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.11.0 das infraestruturas require Qt 5.2.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como Internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais