Deprecated: Methods with the same name as their class will not be constructors in a future version of PHP; BaseMenu has a deprecated constructor in /var/www/capacity/includes/classes/class_menu.inc on line 15

Deprecated: Methods with the same name as their class will not be constructors in a future version of PHP; MenuSection has a deprecated constructor in /var/www/capacity/includes/classes/class_menu.inc on line 112

Deprecated: Methods with the same name as their class will not be constructors in a future version of PHP; Menu has a deprecated constructor in /var/www/capacity/includes/classes/class_menu.inc on line 218

Warning: file_get_contents(/var/www/kde.carlschwan.eu/applications/index.json): failed to open stream: No such file or directory in /var/www/kde.carlschwan.eu/menu.inc on line 28

Warning: array_keys() expects parameter 1 to be array, null given in /var/www/kde.carlschwan.eu/menu.inc on line 29

Warning: sort() expects parameter 1 to be array, null given in /var/www/kde.carlschwan.eu/menu.inc on line 30

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/kde.carlschwan.eu/menu.inc on line 32
KDE - Publicación da versión 5.15.0 das infraestruturas de KDE
KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.15.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Galician | Nederlands | Português | Português brasileiro | Svenska | Українська

10 de outubro de 2015. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.15.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 60 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Baloo

  • Corrixir a xestión de límite e desprazamento en SearchStore::exec
  • Recrear o índice de Baloo
  • balooctl config: engadir opcións para definir ou ver onlyBasicIndexing
  • Migrar a comprobación de balooctl para funcionar coa nova arquitectura (fallo 353011)
  • FileContentIndexer: corrixir a emisión dupla de filePath
  • UnindexedFileIterator: mtime é quint32, non quint64
  • Transaction: corrixir outro erro ortográfico de Dbi
  • Transaction: Corrixir o uso do Dbis incorrecto en documentMTime() e documentCTime().
  • Transaction::checkPostingDbInTermsDb: Optimizar o código
  • Corrixir avisos de D-Bus
  • Balooctl: Engadir a orde checkDb
  • balooctl config: Engadir «exclude filter»
  • KF5Baloo: Asegurarse de que as interfaces de D-Bus se xeran antes de usalas. (fallo 353308)
  • Evitar usar QByteArray::fromRawData
  • Retirar baloo-monitor de baloo
  • TagListJob: Emitir un erro cando non se poda abrir a base de datos
  • Non ignorar subtermos se non se atopan
  • Código máis limpo cando Baloo::File::load() falla ao fallar a apertura da base de datos.
  • Facer que balooctl use IndexerConfig en vez de manipular baloofilerc directamente
  • Mellorar a internacionalización de balooshow
  • Facer que balooshow xestione ben o fallo se a base de datos non se pode abrir.
  • Que Baloo::File::load() falle se a base de datos non está aberta. (fallo 353049)
  • IndexerConfig: engadir o método refresh()
  • inotify: Non simular un evento closedWrite tras mover sen cookie
  • ExtractorProcess: Retirar o extra ao final de filePath
  • baloo_file_extractor: chamar a QProcess::close antes de destruír QProcess
  • baloomonitorplugin/balooctl: internacionalizar o estado do indexador.
  • BalooCtl: Engadir unha opción «config»
  • Facer baloosearch máis presentábel
  • Retirar ficheiros baleiros de EventMonitor
  • BalooShow: Mostrar máis información cando os identificadores non coinciden
  • BalooShow: Cando se chama cun identificador comprobar que sexa correcto
  • Engadir unha clase FileInfo
  • Engadir comprobacións de erros en varias partes para que Baloo non quebre cando se desactiva. (fallo 352454)
  • Corrixir que Baloo non respectase a opción de configuración «só indexación básica»
  • Monitor: Obter o tempo restante no inicio
  • Usar chamadas reais a métodos en MainAdaptor en vez de QMetaObject::invokeMethod
  • Engadir a interface org.kde.baloo ao obxecto raíz para manter compatibilidade cara atrás
  • Corrixir a cadea de data que se mostra na barra de enderezo por migrar a QDate
  • Engadir un atraso tras cada ficheiro en vez de só tras o lote
  • Retirar a dependencia de Qt::Widgets de baloo_file
  • Retirar código non usado de baloo_file_extractor
  • Engadir un monitor de Baloo ou un complemento experimental de QML
  • Facer compatíbel con fíos a consulta do tempo restante
  • kioslaves: Engadir unha sobreposición que faltaba para funcións virtuais
  • Extractor: definir applicationData tras construír a aplicación
  • Query: engadir compatibilidade con «offset»
  • Balooctl: Engadir --version e --help (fallo 351645)
  • Retirar a compatibilidade con KAuth para aumentar o número máximo de vixías de inotify se o número é demasiado baixo (fallo 351602)

BluezQt

  • Corrixir a quebra de fakebluez en obexmanagertest con ASAN
  • Declarar de maneira anticipada todas as clases exportadas en types.h
  • ObexTransfer: Estabelecer o erro cando a sesión de transferencia se retira
  • Utils: Manter punteiros a instancias de xestores
  • ObexTransfer: Definir un erro cando org.bluez.obex quebra

Módulos adicionais de CMake

  • Actualizar a caché de iconas de GTK ao instalar iconas.
  • Retirar un apaño para atrasar a execución en Android
  • ECMEnableSanitizers: O sanitizador non definido é compatíbel con gcc 4.9
  • Desactivar a detección de X11, XCB, etc. en OS X
  • Buscar os ficheiros no prefixo instalado en vez da ruta do prefixo
  • Usar Qt 5 para indicar cal é o prefixo de instalación de Qt 5
  • Engadir a definición ANDROID onde se necesite en qsystemdetection.h.

Integración de infraestruturas

  • Corrixir o problema polo que de maneira aleatoria un diálogo de ficheiro non aparecía. (fallo 350758)

KActivities

  • Usar unha función de coincidencia personalizada en vez do glob de sqlite. (fallo 352574)
  • Corrixiuse un problema engadindo un novo recurso ao modelo

KCodecs

  • Corrixir unha quebra en UnicodeGroupProber::HandleData con cadeas curtas

KConfig

  • Marcar kconfig-compiler como ferramenta sen interface gráfica de usuario

KCoreAddons

  • KShell::splitArgs: só o espazo ASCII é un separador, non o espazo Unicode U+3000 (fallo 345140)
  • KDirWatch: corrixir unha quebra cando un destrutor estático global usa KDirWatch::self() (fallo 353080)
  • Corrixir unha quebra cando se usa KDirWatch en Q_GLOBAL_STATIC.
  • KDirWatch: corrixir a compatibilidade con fíos
  • Clarificar como definir os argumentos do construtor de KAboutData.

KCrash

  • KCrash: pasar «cwd» a «kdeinit» ao iniciar de novo automaticamente a aplicación mediante kdeinit (fallo 337760).
  • Engadir KCrash::initialize() para que as aplicacións e o complemento de plataforma poidan activar KCrash de maneira explícita.
  • Desactivar ASAN se se activa

KDeclarative

  • Pequenas melloras en ColumnProxyModel
  • Permitir que as aplicacións saiban a ruta de homeDir
  • mover EventForge do contedor de escritorio
  • Fornecer a propiedade enabled para QIconItem.

KDED

  • kded: simplificar a lóxica arredor de sycoca; chamar simplemente a ensureCacheValid.

Compatibilidade coa versión 4 de KDELibs

  • Chamar a newInstance desde o fillo na primeira chamada
  • Usar definicións de kdewin.
  • Non intentar atopar X11 en WIN32
  • cmake: Corrixir a comprobación de versión de taglib en FindTaglib.cmake.

KDesignerPlugin

  • Qt moc non pode xestionar macros (QT_VERSION_CHECK)

KDESU

  • kWarning → qWarning

KFileMetaData

  • fornecer metadatos de usuario para Windows

Complementos de interface gráfica de usuario de KDE

  • Non buscar X11 e XCB tamén ten sentido para WIN32

KHTML

  • Substituír std::auto_ptr por std::unique_ptr
  • khtml-filter: Descartar regras que conteñan funcionalidades de bloqueo de publicidade especiais que aínda non permitimos.
  • khtml-filter: Reorganización de código sen cambios funcionais.
  • khtml-filter: Ignorar expresións regulares con opcións xa que non as permitimos.
  • khtml-filter: Corrixir a detección do delimitador das opcións de bloqueo de publicidade.
  • khtml-filter: Borrar espazos en branco sobrantes.
  • khtml-filter: Non descartar liñas que empecen por «&» xa que non é un carácter especial de bloqueo de anuncios.

KI18n

  • retirar os iteradores estritos para msvc para que ki18n se constrúa

KIO

  • KFileWidget: o argumento «parent» debería ter 0 como valor predeterminado como en todos os trebellos.
  • Asegurarse de que o tamaño da matriz de bytes que acabamos de soltar na estrutura ten tamaño dabondo antes de calcular o targetInfo, senón estamos accedendo a memoria que non nos pertence
  • Corrixir o uso de Qurl ao chamar a QFileDialog::getExistingDirectory()
  • Actualizar a lista de dispositivos de Solid antes de consultala en kio_trash
  • Permitir «trash:» ademais de «trash:/» como URL para listDir (chama a listRoot) (fallo 353181)
  • KProtocolManager: corrixir un bloqueo indefinido ao usar EnvVarProxy. (fallo 350890)
  • Non intentar atopar X11 en WIN32
  • KBuildSycocaProgressDialog: usar o indicador de actividade incluído en Qt. (fallo 158672)
  • KBuildSycocaProgressDialog: executar kbuildsycoca5 con QProcess.
  • KPropertiesDialog: corrixir nos casos nos que ~/.local é unha ligazón simbólica, comparar as rutas canónicas
  • Engadir compatibilidade con comparticións de rede en kio_trash (fallo 177023)
  • Conectar cos sinais de QDialogButtonBox, non de QDialog (fallo 352770)
  • KCM de Cookies: actualizar os nomes de D-Bus para kded5
  • Usar ficheiros JSON directamente en vez de kcoreaddons_desktop_to_json()

KNotification

  • Non enviar o sinal de actualización de notificación dúas veces
  • Analizar de novo a configuración de notificación só cando cambia
  • Non intentar atopar X11 en WIN32

KNotifyConfig

  • Cambiar o método para cargar os valores predeterminados
  • Enviar o nome de aplicativo cuxa configuración se actualizou co sinal de D-Bus
  • Engadir un método para reverter os valores predeterminados de kconfigwidget
  • Non sincronizar a configuración n veces ao gardar

KService

  • Usar a maior data do subdirectorio como data do directorio do recurso.
  • KSycoca: almacenar o mtime de todos os directorios de orixe para detectar cambios. (fallo 353036)
  • KServiceTypeProfile: retirar unha creación de fábrica innecesaria. (fallo 353360)
  • Simplificar e acelerar KServiceTest::initTestCase.
  • facer o nome de instalación do ficheiro applications.menu unha variábel de CMake que se garda en caché
  • KSycoca: ensureCacheValid() debería crear a base de datos se non existe
  • KSycoca: facer que a base de datos global funcione tras o código de comprobación de data recente
  • KSycoca: cambiar o nome de ficheiro da base de datos para incluír a linguaxe e o SHA1 dos directorios a partir dos cales se constrúe.
  • KSycoca: facer ensureCacheValid() parte da API pública.
  • KSycoca: engadir un punteiro q para retirar máis uso de singleton
  • KSycoca: retirar todos os métodos self() para fábricas, almacenalos en KSycoca.
  • KBuildSycoca: retirar a escritura do ficheiro ksycoca5stamp.
  • KBuildSycoca: usar qCWarning en vez de fprintf(stderr, …) ou qWarning
  • KSycoca: construír de novo ksycoca no proceso en vez de executar kbuildsycoca5
  • KSycoca: mover todo o código de kbuildsycoca salvo main() á biblioteca.
  • Optimización de KSycoca: só vixiar o ficheiro se a aplicación se conecta a databaseChanged()
  • Corrixir fugas de memoria na clase KBuildSycoca
  • KSycoca: substituír a notificación de D-Bus por vixilancia de ficheiro usando KDirWatch.
  • kbuildsycoca: marcar a opción --nosignal como obsoleta.
  • KBuildSycoca: substituír o bloqueo baseado en D-Bus por un ficheiro de bloqueo.
  • Non quebrar ao atoparse con información de complemento incorrecta.
  • Cambiar de nome as cabeceiras a _p.h en preparación para o movemento á biblioteca kservice.
  • Mover checkGlobalHeader() dentro de KBuildSycoca::recreate().
  • Retirar código de --checkstamps e --nocheckfiles.

KTextEditor

  • validar máis expresións regulares
  • corrixir expresións regulares en ficheiros de salientado (fallo 352662)
  • sincronizar o realce de ocaml co estado de https://code.google.com/p/vincent-hugot-projects/ antes de que Google Code deixe de estar dispoñíbel, algunhas correccións de erros pequenas
  • engadir separación de palabras (fallo 352258)
  • validar a liña antes de chamar a cousas de pregar (fallo 339894)
  • Corrixir os problemas de conta de palabras de Kate escoitando a DocumentPrivate en vez de a Document (fallo 353258)
  • Actualizar o realce de sintaxe de Kconfig: engadir novos operadores de Linux 4.2
  • sincronizar coa rama «KDE/4.14» de kate
  • minimap: Corrixir que non se debuxe a asa da barra de ferramentas ao desactivar as marcas de desprazamento (fallo 352641).
  • sintaxe: Engadir a opción git-user a kdesrc-buildrc

Infraestrutura de KWallet

  • Deixar de pechar automaticamente no último uso

KWidgetsAddons

  • Corrixir o aviso C4138 (MSVC): «*/» atopado fóra dun comentario

KWindowSystem

  • Realizar unha copia profunda de get_stringlist_reply de QByteArray
  • Permitir interactuar con varios servidores de X nas clases de NETWM.
  • [xcb] Considerar as modificacións de KKeyServer inicializadas en plataformas distintas de X11
  • Cambiar KKeyserver (x11) a rexistros con categoría

KXMLGUI

  • Permitir importar ou exportar esquemas de atallos de maneira simétrica

NetworkManagerQt

  • Corrixir as introspeccións, LastSeen debería estar en AccessPoint e non en ActiveConnection

Infraestrutura de Plasma

  • Agochar o diálogo de consello ao entrar o cursor nunha ToolTipArea inactiva
  • se o ficheiro de escritorio ten Icon=/foo.svgz usar ese ficheiro do paquete
  • engadir un tipo de ficheiro «screenshot» (captura de pantalla) nos paquetes
  • ter en conta devicepixelration nas barras de desprazamento independentes
  • retirar o efecto de cubrir en pantallas táctiles e móbiles
  • Usar as marxes de SVG de lineedit no cálculo de sizeHint
  • Non esvaer a icona nos consellos de Plasma
  • Corrixir un texto de botón omitido
  • Os menús contextuais de miniaplicativos dentro dun panel xa non se sobrepoñen co miniaplicativo
  • Simplificar a obtención dunha lista de aplicacións asociadas en AssociatedApplicationManager

Sonnet

  • Corrixir o identificador de complemento de hunspell para cargalo correctamente
  • permitir a compilación estática en Windows, engadir a ruta de dicionarios de Hunspell de LibreOffice en Windows
  • Non asumir que os dicionarios de Hunspell están codificados en UTF-8 (fallo 353133).
  • corrixir Highlighter::setCurrentLanguage() para o caso cando no que o idioma anterior era incorrecto (fallo 349151)
  • permitir /usr/share/hunspell como ruta de dicionarios
  • Complemento baseado en NSSpellChecker

Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.15.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.15.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.15.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.15.0 das infraestruturas require Qt 5.3.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como Internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais