Deprecated: Methods with the same name as their class will not be constructors in a future version of PHP; BaseMenu has a deprecated constructor in /var/www/capacity/includes/classes/class_menu.inc on line 15

Deprecated: Methods with the same name as their class will not be constructors in a future version of PHP; MenuSection has a deprecated constructor in /var/www/capacity/includes/classes/class_menu.inc on line 112

Deprecated: Methods with the same name as their class will not be constructors in a future version of PHP; Menu has a deprecated constructor in /var/www/capacity/includes/classes/class_menu.inc on line 218

Warning: file_get_contents(/var/www/kde.carlschwan.eu/applications/index.json): failed to open stream: No such file or directory in /var/www/kde.carlschwan.eu/menu.inc on line 28

Warning: array_keys() expects parameter 1 to be array, null given in /var/www/kde.carlschwan.eu/menu.inc on line 29

Warning: sort() expects parameter 1 to be array, null given in /var/www/kde.carlschwan.eu/menu.inc on line 30

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/kde.carlschwan.eu/menu.inc on line 32
KDE - Publicación da versión 5.36.0 das infraestruturas de KDE
KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.36.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Español | Galician | Nederlands | Português | Svenska | Українська

8 de xullo de 2017. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.36.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 70 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Changelog for KDE Frameworks 5.36.0

All frameworks: Option to build & install QCH file with the public API dox

Baloo

  • Usar FindInotify.cmake para decidir se inotify está dispoñíbel

Iconas de Breeze

  • Non depender de Bash innecesariamente e non validar iconas de maneira predeterminada

Módulos adicionais de CMake

  • FindQHelpGenerator: evitar coller a versión de Qt 4
  • ECMAddQch: fallar duramente se as ferramentas necesarias non están presentes, para evitar sorpresas
  • Deixar de depender de perl para ecm_add_qch, non se usa
  • Examinar o cartafol de instalación completo en busca de dependencias de QML
  • Novo: ECMAddQch, para xerar os ficheiros de etiquetas de qch e doxygen
  • Corrixir KDEInstallDirsTest.relative_or_absolute_usr, evitar usar as rutas de Qt

KAuth

  • Comprobar o estado de erro tras cada uso de PolKitAuthority

KBookmarks

  • Emitir erros cando falte keditbookmarks (fallo 303830)

KConfig

  • Corrección para CMake 3.9

KCoreAddons

  • Usar FindInotify.cmake para decidir se inotify está dispoñíbel

KDeclarative

  • KKeySequenceItem: permitir gardar Ctrl+Núm+1 como atallo
  • Iniciar o arrastre premendo e mantendo nos eventos táctiles (fallo 368698)
  • Non confiar en que QQuickWindow entregue QEvent::Ungrab como mouseUngrabEvent (dado que xa non o fai en Qt ≥ 5.8) (fallo 380354)

Compatibilidade coa versión 4 de KDELibs

  • Buscar KEmoticons, que é unha dependencia segundo o config.cmake.in de CMake (fallo 381839)

KFileMetaData

  • Engadir un extractor usando qtmultimedia

KI18n

  • Asegurarse de que se xera o destino tsfiles

KIconThemes

  • Máis detalles sobre despregar temas de iconas en Mac e MSWin
  • Cambiar o tamaño predeterminado das iconas do panel a 48

KIO

  • [KNewFileMenu] Agachar o menú «Ligar co dispositivo» se estaría baleiro (fallo 381479)
  • Usar KIO::rename en vez de KIO::moveAs en setData (fallo 380898)
  • Corrixir a posición do menú despregábel en Wayland
  • KUrlRequester: Definir o sinal NOTIFY como textChanged() para a propiedade «text»
  • [KOpenWithDialog] Escapar o nome de ficheiro para HTML
  • KCoreDirLister::cachedItemForUrl: non crear unha caché se non existía
  • Usar «data» como nome de ficheiro ao copiar URL de datos (fallo 379093)

KNewStuff

  • Corrixir unha detección de erro incorrecta de ficheiros de knsrc que faltan
  • Expoñer e usar a variábel de tamaño de páxina de Engine
  • Permitir usar QXmlStreamReader para ler un ficheiro de rexistro de KNS

Infraestrutura KPackage

  • Engadiuse kpackage-genericqml.desktop

KTextEditor

  • Corrixir o aumento significativo do uso de CPU tras mostrar a barra de ordes de vi (fallo 376504)
  • Corrixir os saltos de scrollbar-dragging cando se activa mini-map
  • Saltar á posición premida da barra de desprazamento cando se activa o minimapa (fallo 368589)

KWidgetsAddons

  • Actualizar kcharselect-data a Unicode 10.0

KXMLGUI

  • KKeySequenceWidget: permitir gardar Ctrl+Num+1 como atallo (fallo 183458)
  • Reverter «Ao construír as xerarquías de menús, subordinar os menús aos seus contedores»
  • Reverter «usar transientparent directamente»

NetworkManagerQt

  • WiredSetting: as propiedades de espertar na rede local migráronse a NM 1.0.6
  • WiredSetting: migrouse a NM 1.0.6 a propiedade metered de versións posteriores
  • Engadir novas propiedades a moitas clases de configuración
  • Dispositivo: engadir estatísticas de dispositivos
  • Engadir dispositivo de IpTunnel
  • WiredDevice: engadir información sobre a versión de NM necesaria para a propiedade s390SubChannels
  • TeamDevice: engadir unha nova propiedade de configuración (desde NM 1.4.0)
  • Dispositivo con fío: engadir a propiedade s390SubChannels
  • Actualizar as introspeccións (NM 1.8.0)

Infraestrutura de Plasma

  • Asegurarse de que o tamaño é definitivo tras showEvent
  • Corrixir as marxes e o esquema de cores da icona da área de notificacións de VLC
  • Configurar os Containment para ter o foco dentro da vista (fallo 381124)
  • xerar a clave vella antes de actualizar enabledborders (fallo 378508)
  • mostrar o botón de contrasinal tamén en caso de texto baleiro (fallo 378277)
  • Emitir usedPrefixChanged cando o prefixo estea baleiro

Solid

  • cmake: construír a infraestrutura de udisks2 en FreeBSD só cando se active

Realce da sintaxe

  • Salientar os ficheiros .julius como JavaScript
  • Haskell: Engadir todos os pragmas da linguaxe como palabras clave
  • CMake: OR e AND non se realzan tras expr en () (fallo 360656)
  • Makefile: Retirar entradas de palabra clave incorrectas en makefile.xml
  • indexador: mellorar o informe de erros
  • Actualización da versión do ficheiro de sintaxe de HTML
  • Engadíronse modificadores angulares nos atributos de HTML
  • Actualizar os datos de referencia da proba en consonancia cos cambios da remisión anterior
  • Fallo 376979 - o maior que e o menor que en comentarios de Doxygen rompen o realce de sintaxe

ThreadWeaver

  • Solución temporal para un fallo do compilador MSVC2017

Información de seguranza

The released code has been GPG-signed using the following key: pub rsa2048/58D0EE648A48B3BB 2016-09-05 David Faure <faure@kde.org> Primary key fingerprint: 53E6 B47B 45CE A3E0 D5B7 4577 58D0 EE64 8A48 B3BB


Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.36.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.36.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.36.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.36.0 das infraestruturas require Qt 5.6.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como Internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais