Martes, 13 de xuño de 2017. Hoxe KDE publica unha actualización Bugfix a Plasma 5, con versión 5.10.2.
Plasma 5.10
publicouse en May con moitas melloras de funcionalidades e módulos novos para completar a experiencia de escritorio.
Esta versión engade un resultado de a week's de novas traducións e correccións dos colaboradores de KDE. As correccións adoitan ser pequenas pero importantes, e inclúen:
Discover: Facer que a infraestrutura de PackageKit resista mellor a quebras en PackageKit. Remisión. Corrixe o fallo #376538
Plasma Networkmanager Openconnect: asegurarse de que a interface de usuario cabe dentro do diálogo de contrasinal. Remisión. Corrixe o fallo #380399
Incluír unha cabeceira para a páxina de configuración para unha mellor consistencia. Remisión.
A forma máis dopada de probalo é cunha imaxe directa arrancada desde un disco USB. As imaxes de Docker tamén ofrecen unha forma rápida e sinxela de probar Plasma.
KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de apoio a KDE para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.
Sobre KDE
KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como Internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.
Notas de marca rexistrada.
Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son
marcas rexistradas de KDE e.V.
Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds.
UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e
outros países.
O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son
propiedade dos seus respectivos propietarios.
Contactos de prensa
Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico: press@kde.org